Padrón estreará o 16 un servizo de estimulación terapéutica para persoas con demencia

05 Decembro 2024

O convenio entre Concello e a Agadea Alzhéimer foi presentado hoxe polo alcalde, Anxo Arca, e a presidenta da Asociación, Isabel Gey.
Profesionais de Agadea prestarán o servizo na casa dos capeláns tres días por semana para atender a un máximo de 22 usuarios, e poderíase ampliar a toda a semana.

Alicentis

Padrón contará a partir do vindeiro 16 de decembro cun novo servizo de estimulación terapéutica para persoas con Alzhéimer e outras demencias
neurodexenerativas. O alcalde, Anxo Arca; a concelleira de Servizos, Mariló Saco; ap residenta de Agadea Alzhéimer, Isabel Gey, e a coordinadora da área de Santiago da asociación, Lucía Fandiño, presentaron hoxe o servizo, que se prestará na Casa dos Capeláns, en Iria Flavia, durante tres días por semana. O servizo comezará atendendo a entre 8 e 10 persoas, e podería ampliarse a toda a semana O servizo de estimulación terapéutica ten como obxectivo mellorar a calidade de vida dos maiores, así como fomentar as relacións interpersoais, ao mesmo tempo que contribúe ao respiro familiar. Contará con profesionais de fisioterapia, psicoloxía, educación social, traballo social e persoal xerocultor da Asociación Galega de Axuda á Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (Agadea Alzhéimer).
Anxo Arca destacou na súa intervención a “sensibilización” que existe no equipo de goberno pola problemática social e “na defensa dos servizos sociais, que teñen que prestar unha atención integral”. O alcalde destacou que “o servizo de estimulación terapéutica que se pon en marcha por primeira vez en Padrón axudará a moitas familias”.
Nun senso similar expresouse a concelleira Mariló Saco, asegurando que a estimulación terapéutica “vai mellorar a calidade de vida de moitas persoas que empezan con procesos de demencia, e vai ser beneficioso, tamén, para as súas familias”.
O servizo comezará con tres sesións semanais, en función da demanda existente actualmente, para atender a entre 8 e 10 persoas, que se pode ampliar ata un máximo de 22 persoas tres días por semana. “Estamos seguros de que esta atención especializada de profesionais de Agadea Alzhéimer axudará a retrasar e enlentecer o avance da demencia”. O servizo de estimulación terapéutica “nace con vocación de continuidade”, dixo Mariló Saco, engadindo que “dentro das posibilidades do Concello, e se fose necesario, intentaremos amplialo para que haxa sesións todos os días da semana e poder atender as persoas que o precisen”.
Isabel Gey, pola súa banda, resaltou que “Agadea pon en marcha este servizo con intención de permanecer no tempo. Vimos para quedarnos”, dixo, e lembrou que “en todos os concellos que comezamos a traballar, seguímolo facendo”. A presidenta de Agadea agradeceu a colaboración co “Concello de Padrón, do departamento de servizos sociais e do centro de saúde”, e adiantou que se vai poñer en marcha unha campaña informativa e de sensibilización tanto en redes sociais como no propio comercio local.
Valoracións de preingreso
Dende Agadea Alzhéimer, xa empezaron a traballar e a facer valoracións de preingreso ás persoas interesadas en recibir este servizo. A neuropsicóloga e a traballadora social da entidade, en colaboración cos Servizos Sociais do Concello, xa están a valorar a algunhas
persoas, traballo que continuará durante a vindeira semana, e incluso unha vez que se poña en marcha o servizo.
Profesionais de Agadea Alzhéimer mantiveron esta semana unha reunión con profesionais do centro e saúde de Padrón para informarlles da posta en marcha do servizo de estimulación terapéutica e, deste xeito, poder traballar de forma coordinada para mellorar a calidade de vida das persoas con demencia de Padrón.

Outros artigos

Xoves 1, xornada de tempo inestable

As Rías Baixas agardan unha xornada de tempo inestable con risco de treboadas no interior A comarca e as rías baixa veranse afectadas pola presenza dun embolsamento de aire frío en altura situado ó oeste de Portugal, que provocará unha certa inestabilidade atmosférica...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...