Outes acende as luces de Nadal este xoves pola tarde

03 Decembro 2024

O Concello de Outes informou que o Nadal vai comezar no municipio cunha gran festa de acendido de luces programada para a tarde deste xoves 5 de decembro, a partir das 17:50 horas na praza de Galicia. Para acompañar o comezo desta tempada de festas o programa do acto de acendido inclúe cantos de Nadal interpretados por Troula na Barquiña.

O Concello explicou tamén que a decoración deste ano colaboraron entidades sociais como ADISBISMUR que axudarán coas súas creacións a decorar as rúas e espazos públicos do concello. Tamén colaboraron as alumnas e profesorado do obradoiro de traballos manuais municipal e o tecido comercial do concello.

O programa de actividades de Nadal inclúe tamén un concurso de decoración e postais de Nadal, cuxas inscricións abriron este domingo 1 de decembro (até o 19 de decembro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.