O pleno da Corporación de Rianxo aprobou o regulamento do Servizo de Atención Temperá

02 Decembro 2024

O pleno da Corporación de Rianxo aprobou, cos votos a favor do Goberno de Julián Bustelo e máis do Partido Popular, o Regulamento do Servizo de Atención Temperá. A norma consta de 14 artigos nos cales, ademais de recollerse o obxecto e principais características do servizo, así como a súa metodoloxía, figuran tamén os medios materiais e persoais cos que deberá contar, as normas xerais de acceso e funcionamento, os dereitos e deberes das persoas usuarias, o protocolo de derivación e protocolo de incidencias, así como o baremo que determinará a constitución dunha listaxe de agarda en caso de que a demanda sexa superior ás persoas usuarias que o servizo pode atender nun mesmo momento.

O alcalde, Julián Bustelo, destacou que “coa posta en funcionamento deste servizo damos un importante paso en materia de política social achegando á veciñanza de Rianxo un recurso fundamental que ata o de agora tiña que buscar noutras localidades máis ou menos próximas”.

O texto someterase a exposición pública durante un prazo de trinta días hábiles a contar dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Outros artigos

Domingo de Ramos, inestabilidade meteorolóxica nas Rías Baixas

As Rías Baixas continuarán baixo a influencia dunha atmosfera inestable o domingo de Pascua, 20 de abril. O ceo permanecerá parcialmente nubrado, con episodios de chuvia intermitente ao longo da xornada. As horas centrais do día presentarán unha menor probabilidade de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...