O Ludonadal de Rianxo achega á rapazada actividades de lecer até o 4 de xaneiro

17 Decembro 2024

Respecto das propostas para a rapazada que preparou o Concello para este Nadal, a Área de Xuventude sinalou que entre o 23 de decembro ao 4 de xaneiro as nenas e nenos de Rianxo poderán desfrutar de actividades diarias tanto en horario de mañá como de tarde, a través do programa Ludonadal. Así o sinalou a concelleira Ana Vidal, que presentou as actividades programadas para a rapazada durante as próximas semanas. Na carpa habilitada no centro de Rianxo haberá obradoiros, inchábeis, zona multimedia, xogos tradicionais, recuncho de lectura, visita de personaxes infantís, etc. Ademais, o programa inclúe un servizo de canguraxe, o Merca-concilia, para que as nais e os pais poidan facer as súas compras no comercio local mentres deixan aos seus fillos até dúas horas na Escola Infantil Agarimo. E ademais, do 26 ao 30 de decembro, poderán gozar da pista de minigolf que haberá no Pavillón Municipal José Manuel Abuín “Chema”.



Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.