O Concello de Noia achega 24.000 euros ás ANPAs dos CEIP Rodríguez Cadarso e Felipe de Castro

17 Decembro 2024

O Concello de Noia deu novos pasos no seu compromiso coas familias e coa educación. Ao abeiro desta liña de traballo, a semana pasada asinou os convenios coas asociacións de nais e pais (ANPAs) do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso (A Barquiña) e do CEIP Felipe de Castro (Bergondo). Cada entidade recibirá unha subvención de 12.000 € para apoiar o servizo de madrugadores ou outras actividades educativas e deportivas.

En total, o Concello achegou a través desta iniciativa 24.000 € de investimento dedicados a “facilitar a conciliación e mellorar o día a día das nosas familias”, sinalou o Concello.

O concelleiro de educación, Iván Lorenzo, foi o encargado de formalizar estes acordos coas presidentas das dúas ANPAs. Cualificounos dunha nova mostra “do compromiso claro do Concello coa educación e o benestar da nosa rapazada”.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...