O Concello de Muros e o IES As Insuas entregan a Cáritas os produtos do seu Mercadiño Solidario

23 Decembro 2024

Dentro do programa Mercadiño Solidario, organizado pola concellería de Ensino do Concello de Muros, o IES As Insuas fixo entre o seu alumnado unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene persoal. Un representante de cada curso, acompañados polo xefe de Estudos Ramón Blanco e a concelleira de Ensino Laura Rivadeneira, fixeron entrega dos artigos a recollidos a María Dolores Barreiros como representante de Cáritas.

Ademais, o Mercado Municipal de Muros acolleu previamente outro mercadiño solidario organizado pola concellería de Ensino e Lingua. Na iniciativa, foi enfocada a fomentar a creatividade sustentábel, artesá e solidaria neste tempo de Nadal, colaboraron as comunidades escolares e docentes CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío, CEIP de Louro, CEIP Ramón de Artaza e a Escola de Educación Infantil de Muros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.