O BNG anima a consumir no comercio local e promociona os produtos galegos

21 Decembro 2024


O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anima a consumir no comercio de proximidade, lanzando unha nova campaña baixo o lema “Mellor local, mellor galego”. Nesta ocasión, membros do BNG percorreron os comercios de Ribeira e repartiron materiais informativos nos comercios e entre a poboación, facendo un chamamento á veciñanza para que aposte polo consumo responsable e local todo o ano pero de maneira especial nestas datas de Nadal.

Rafael Pazos, responsábel local do BNG, destacou que apoiar o comercio de proximidade é clave para xerar riqueza, dinamizar a economía local. “Consumir produtos locais e galegos reforza o tecido económico da nosa contorna e tamén promove un modelo de comercio máis sustentable, con produtos de alta calidade e a prezos xustos. Ademais, etiquetar os produtos na nosa lingua axuda a darlle visibilidade á identidade galega e á nosa cultura”, apuntou Pazos.

Pola súa banda, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, afirmou “seguiremos traballando para revitalizar os mercados municipais, as feiras, o comercio e a hostalaría, e promoveremos novas iniciativas que dean resposta ás necesidades do sector”, explicou Pérez Barral.

Denden o BNG destacan o compromiso do Concello co sector comercial e hostaleiro, destacando medidas como investir máis de 250.000€ para actividades e decoración para que dinamizar o Nadal ou a municipalización do aparcadoiro do Centenario facendo que abra 24 horas e reducindo tarifas converténdoo no estacionamento máis barato da zona. Ademais do bono comercio impulsado polo BNG e que este ano se impulsará en diálogo cos comerciantes nunha época de baixo consumo.

Rafa Pazos desgranou que para promover o comercio o BNG propón:

– Promover o consumo de produtos locais e galegos, incentivando a súa etiquetaxe en lingua galega.
– Regular os horarios comerciais para priorizar un modelo máis xusto e sostible.
– Combatir a instalación de grandes superficies comerciais de capital transnacional que prexudican o pequeno comercio.
– Impulsar marcas de calidade que identifiquen a orixe de produtos hortícolas, pesqueiros e marisqueiros, así como garantir prezos xustos para o leite galego.
– Fomentar a produción ecolóxica e alternativa, promovendo un consumo máis consciente e respectuoso co medio ambiente.
– Crear liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade e desenvolver alternativas galegas de venda en liña.
– Ofrecer axudas para mellorar os establecementos que comercializan produtos autóctonos.

A concelleira Veva Betanzos salientou a importancia de apostar por unha nova Lei do Comercio Local, que limite as vantaxes das grandes superficies e favoreza a competitividade do comercio de proximidade. “Queremos que as vilas e cidades galegas sexan espazos vivos, nos que os mercados, feiras e tendas tradicionais sigan sendo o corazón das nosas comunidades”, engadiu.

Con estas iniciativas, o BNG reafirma que cambiar os hábitos de consumo está ao noso alcance e que apoiar o comercio local é esencial para revitalizar as nosas vilas, dinamizar a economía e garantir a supervivencia dun modelo de produción e consumo adaptado á realidade de Galiza. “Temos un comercio e uns produtos excelentes. No BNG cremos que deben ser defendidos e impulsados, porque só así poderemos construír un futuro máis xusto e sostible para o noso país”, concluíu Betanzos.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.