O barrio vilagarcián de O Piñeiriño terá este ano a árbore máis pequena do mundo, cunha altura de 10 micrómetros

09 Decembro 2024

O barrio vilagarcián de O Piñeiriño competiu o pasado Nadal, na medida das súas posibilidades, coas luces de Vigo o seu reinado nos
 medios de comunicación de toda España. Fíxoo unicamente con tres luces LED, pero, segundo sinalaron os veciños, “cunha tonelada de imaxinación e paciencia” grazas ao traballo da artesá local Marián García, que creou a árbore de Nadal natural máis pequena de España, de só dous centímetros de altura, base incluída.

Aquel xesto tivo “unha repercusión incríbel, e dese éxito chegan agora estas novas”, coméntanos Pedro Falcón, da Asociación Cultural Breogán, poñéndonos a tanto da historia que reproducimos deseguido:

A historia

“A historia pode soar incríbel pero é absolutamente certa”, sinala Falcón, levándonos da man a un restaurante de Maastricht (Holanda), onde un grupo de científicos de diferentes nacionalidades que traballan no laboratorio MERLN estaba a celebrar a súa comida de Nadal cando xurdiu a conversa sobre aquela minúscula árbore feita nunha cidade galega. Entre ese grupo estaba o compostelán Adrián Seijas, un dos moitos talentos novos que tiveron que marchar de España para buscar un futuro. “Iso podemos melloralo nós”, comentou Adrián aos seus compañeiros, e puxéronse mans á obra el e a súa compañeira Elisabetta.

Co café aínda na man, deseñaron a árbore nun portátil, con estrela, bólas e todos os detalles. Ao rematar o café, dirixíronse ao laboratorio. Entraron na chamada clean room, onde non hai nin unha partícula de po no aire, puxéronse os traxes especiais e activaron a máquina de polimerización por dous fotóns, “a única capaz de realizar o traballo”, explica o propio Adrián Seijas, engadindo que “en dous minutos estaba lista…. Faltaba comprobar que todo saíra ben, así que non fomos por unha lupa nin por un microscopio común; precisamos un microscopio electrónico, e dos bos”. E alí estaba: unha árbore de Nadal de tamaño difícil de imaxinar, dez veces menor que o diámetro dun cabelo humano.

Adrián contactou logo coa Asociación Veciñal Breogán xa que, segundo lembra, “tiña ben claro que esa árbore, a máis pequena do mundo, debía estar en Vilagarcía”. E chegou a O Piñeiriño, onde pode verse dende esta fin de semana. Ao seu carón, iso si, estará a que hai un ano creara Marián.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.