Noia Histórica festexa o Nadal agasallando catro iPhone 15

12 Decembro 2024

A patronal noiesa, Noia Histórica, vai celebrar o Nadal cunha nova campaña que pon o foco nas múltiples e variadas vantaxes de mercar en clave de proximidade. A Campaña de Nadal, que se presenta baixo o lema Noia preto de ti, foi dada a coñecer nos seus detalles pola presidenta de Noia Histórica, Alba Expósito, e polo concelleiro de Comercio, José Pérez, que fixeron saber que as actividades desenvolveranse entre o 13 de decembro e o domingo 5 de xaneiro e que un dos “puntos fortes do programa” é o sorteo de catro dispositivos móbiles iPhone 15, un importante agasallo acordado polos propios comerciantes e que está valorado en 900 euros por unidade.

Ademais, a programación inclúe un Tren Infantil para a rapazada asistindo polos axudantes de Papá Noel e as/os paxes reais, que este ano estará operativo durante catro xornadas: os días 23 e 24 de decembro e os días 3 e 4 de xaneiro.

Ademais, veciños e visitantes desfrutarán o día 21 dunha gran chocolatada popular servida na praza do Curro, ás 18h, á que poderán ir todas as persoas presenten tíckets para a degustación obtidos polas compras locais deste día.

A maiores, os días 24 de decembro e 4 de xaneiro, 2 elfos repartirán caramelos entre os clientes de Noia polas rúas e tendas do centro comercial aberto.

A Campaña de Nadal inclúe música todo o día nas rúas no centro histórico de Noia.

A campaña está patrocinada polo Concello de Noia, Xunta de Galicia e Deputación de Coruña.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.