Noia acolle este venres 27 o sorteo de 2.500 euros en premios para reivindicar o comercio local

26 Decembro 2024

Dende a Área de Cultura do Concello de Noia informan que este 26 de decembro pola tarde e máis o venres 27 de decembro podemos levar os nosos décimos da Lotería de Nadal (anotando o noso nome e o DNI no reverso) á urna habilitada na rúa do Curro para optar a un dos premios achegados para “despedir o ano en Noia como se merece” e reivindicar o comercio local, premios que xuntan 2.500 euros para a veciñanza. Os agasallos (para gastar e investir nos establecementos noieses) inclúen 1 premio de 1000€, 1 de 500€, 1 de 300€, 3 de 100€, e 10 de 40 €.

Cultura do Concello tamén lembra que as persoas que leven os seus décimos deben estar presentes no momento do sorteo que se realizará o día 27 a partir das 21:00 h para reclamar o seu premio.

Por certo que os números premiados serán cantados polos famosos “nenos de Pontenafonso”.

Esta pre-despedida do ano contará ademais este venres 27 de decembro cunha a actuación musical de Chiña ás 20.00 horas e, logo, co gran sorteo de Nadal das 21.00 horas, seguido doutra actuación de Chocolate Disco Móbil.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.