Muros lembra ao mundo que a hostalería respectuosa cos recursos naturais é posíbel

04 Decembro 2024

A Antiga Fábrica de Sel, en Muros, acolleu este luns 2 de decembro unha nova actividade que puxo o foco en novos xeitos de xerar riqueza e emprego e proxectos empresariais beneficiosos para a contorna na que se localizan: a xornada Proxectos Inspiradores, abeirada á campaña anticonsumista Muros Consciente que está a levar a cabo o Concello. A sesión, centrada na hostalería responsábel, arrincou coa intervención de Fátima Rodríguez de Promove Consultoría, que falou sobre o concepto de Turismo Slow e como fomentar unha hostalaría máis respectuosa cos recursos naturais e a enerxía.

Tras unha pausa para o café foi a quenda da redonda Hostalería polo Clima, moderada por María Troncoso de Colacao España. Compartíronse iniciativas que apostan por unha hostalaría consciente, grazas a Pablo Barrenechea de Hostelería Por El Clima e a Jesús Picallo do Semáforo de Fisterra.

O Concello agradeceu a participación das e dos participantes por formar parte de este encontro que “nos fixo reflexionar sobre o noso impacto no planeta e como mellorar desde o sector da hostalaría”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...