Luns 23, empeza unha semana de tempo seco con sol e temperaturas altas para a época

22 Decembro 2024

Este luns, as altas presións iranse desprazando cara a Galicia, o que xerará unha circulación do nordés. Esta situación meteorolóxica traerá unha mañá con ceos moi nubrados, especialmente nas zonas do norte da comunidade, onde non se descarta algunha chuvia feble.

A medida que avance o día, a tendencia será cara a unha mellora progresiva, quedando un tempo seco pola tarde e cunha apertura de claros, especialmente ao sur, onde as nubes serán escasas.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso respecto a xornadas anteriores. O vento soprará do nordés, sendo frouxo en terra pero de intensidade moderada no mar.

meteogalicia

O prognóstico para a semana indica tempo seco e temperaturas altas para a época.

O noso mar; Vento do nordés, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 2.5 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.