Localizado un condutor ebrio que se negou a realizar as probas de alcoholemia en Rianxo

28 Decembro 2024

Este 26 de decembro de 2024, arredor das 20:25 horas, axentes localizaron a un condutor de 55 anos na rúa Arcos Moldes, no municipio de Rianxo, que amosaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do alcohol. A intervención produciuse despois de recibir varias chamadas alertando de que o vehículo conducido por esta persoa circulaba de maneira errática por rúas do casco urbano e por outras zonas próximas, invadindo en ocasións o sentido contrario e as beiravías.

Cando foi requirido polos axentes, o condutor negouse a realizar as probas de alcoholemia regulamentarias e desobedecía reiteradamente as ordes dos efectivos de seguridade.

Por estes feitos, instruíronse dilixencias por dous presuntos delitos contra a seguridade viaria: un por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas e outro por negativa a someterse ás probas establecidas. O acusado foi citado para un xuízo rápido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.