Excéntricas leva a Noia “O auto de Castromil” (este sábado no Noela)

09 Decembro 2024

A obra O auto do Castromil de Producións Teatrais Excéntricas e escrita por Manuel María vai facer unha parada en Noia este sábado 14 de decembro ás 20:30 horas, no Coliseo Noela. As entradas están dispoñibles en ATaquilla.com e segundo confirmou o Concello (Área de Cultura) tamén poderán mercarse o día da función no portelo do teatro de 19:30 a 20:15. Os prezos son de cinco euros + gastos de xestión (tarifa normal) e de 4 euros máis gastos (tarifa estudantes e xubilados).

Esta obra, gañadora do III concurso de proxectos da Fundación Manuel María, está dirixida por Quico Cadaval (Ribeira, 1960), e protagonizada por un elenco de catro intérpretes formado por Rocío González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez. A peza, co-producida por Producións Teatrais Excéntricas e o Centro Dramático Galego, acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia galega, “combatendo a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego”, en palabras de Excéntricas, que engade que estamos ante unha función que constitúe “unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente”, “a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo”.

O auto do Castromil é unha viaxe argallada con anacos das obras de Manuel María A rebelión dos baús, O Auto dos semulados da Caravilla, Unha vez foi o trebón, Abril de Lume e Ferro e o Entremés da OTAN.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.