Este xoves represéntase en Boiro “Fazulas e o ladrón de paraugas”

23 Decembro 2024

Prosegue a axenda cultural de Boiro estas semanas do Nadal. Este xoves 26 de decembro, sen ir máis lonxe, vaise representar na rúa peonil o espectáculo Fazulas e o ladrón de paraugas, da compañía Bandullo Azul e contando coa participación estelar de Fran Campos. Trátase dunha función para público infantil e familiar encadrada na programación de Nadal do Concello de Boiro. Dará comezo ás 19.00 horas.

Fazulas e o ladrón de paraugas é o espectáculo baseado no exitoso libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel (Editorial Galaxia), que xa vai pola terceira edición tras un ano desde a súa estrea.

A función conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa manía por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido da empuñadura dun paraugas.

Trátase dunha peza baseada no libro do mesmo nome, que trata de sensibilizar ás nenas e nenos sobre temas como a violencia machista ou os conflictos bélicos. 

Xosé Lueiro na escrita e creación e Fran Campos poñen en marcha un ilusionante e fermoso espectáculo cunha importante base de lectores xa creada grazas ao éxito do libro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.