O concelleiro de Obras de Rianxo, Alberto Angueira, supervisou este xoves 12 de decembro os traballos de renovación da beirarrúa que discorre a carón do Centro de Saúde. Segundo informou o edil, “nos vindeiros meses levaremos a cabo actuacións semellantes nesta zona, así como noutras nas que as beirarrúas se atopan moi deterioradas, coa finalidade de facelas seguras para o tránsito de todos os veciños e veciñas”. Tamén explicou que a actuación levada a cabo a carón do ambulatorio, que conta cun orzamento de 15.000€, afecta a un treito de aproximadamente 100 metros.




