En Noia proseguen os traballos para poñer a punto a ETAP

20 Decembro 2024

O Concello de Noia confirmou que este mes de decembro seguen a desenvolverse os traballos encamiñados a mellorar a operatividade da Estación de Tratamento de Auga Potábel (ETAP). Na mañá deste mércores 18 de decembro o alcalde, Santiago Freire, e o concelleiro de servizos do Concello de Noia, Santi Rodríguez, visitaron as obras que permitirán modernizar a planta e ampliar a capacidade actual da potabilizadora para servir ata 24.000 habitantes. Informaron tamén que a ETAP disporá dun pretratamento completo, dúas bombas somerxíbeis, e tecnoloxías para automatizar os procesos. Ademais, procederase a reformar a instalación eléctrica das instalacións. Esta actuación conta cun investimento de preto de 1,5 millóns de euros da administración autonómica, segundo confirmaron o rexedor e mais o concelleiro de Servizos.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.