Domingo 22, ceos nubrados e lixeiro ascenso das temperaturas

21 Decembro 2024

Activada a alerta laranxa para o domingo por costeiros no litoral da Coruña e de Lugo

Durante o domingo, Galicia manterase nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, cunha circulación de vento do norte que facilitará a chegada dunha fronte pouco activa. Esta situación deixará ceos moi nubrados acompañados de precipitacións febles e ocasionais, que serán máis probables na metade norte da comunidade.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso respecto ás xornadas anteriores, mentres que os ventos soprarán de compoñente norte, con intensidade moderada no litoral e máis frouxa no interior.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 2 á mañá, 3 a 5 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar rizado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 2.5 a 4 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.