Amicos presenta un proxecto concentrado na consolidación do emprego inclusivo: AMI4CEI

11 Decembro 2024

A Asociación Amicos presentou no seu Centro de Atención Integral de Boiro un novo proxecto baixo o nome de AMI4CEI. Esta iniciativa, conducida pola área de Alianzas con Persoas e Empresas, desenvolverá distintas actuacións laborais e formativas dirixidas a persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, co obxectivo de impulsar a contratación e o emprego e, tamén, consolidar os empregos inclusivos xa acadados.

A iniciativa contempla o acompañamento e orientación das persoas que accedan ao programa ao longo de todo o proceso laboral, dende a busca dunha oportunidade ata o mantemento sostido no tempo do posto de traballo. Por outra banda, tamén contempla o asesoramento e fortalecemento de empresas e entidades a través da formación do equipo, tanto en aspectos como a metodoloxía centrada na persoa como en habilidades concretas e traballo en equipo.

Así, a xornada comezou cunhas palabras de benvida do director xeral da entidade, Xoán España, tralas que se deu paso á intervención en diferido de Isabel Rueda, coordinadora da área de Fondos Europeos de CEPES. Deseguido arredor do medio cento de persoas asistentes puideron coñecer este proxecto, cuxo ámbito de actuación se estende ao longo da provincia da Coruña, un territorio no que a taxa de inactividade laboral en persoas sen discapacidade está no 22% mentres que entre persoas con discapacidade medra até o 70%.

Tras unha breve presentación dos distintos servizos que o equipo do proxecto ofertará, que contempla tanto sesións de asesoramento e orientación individualizada para as 150 persoas que accedan ao mesmo como itinerarios formativos e un seguimento continuo unha vez conten cun posto de traballo para garantir o mantemento do emprego.

Durante o acto presentouse tamén o caso de Álvaro Filgueira, traballador das Ecobrigadas, en palabras de Amicos “un claro exemplo de como traballamos para estimular a consolidación do emprego a través do seguimento e orientación individualizado de cada persoa que chega á área de Emprego e Formación de Amicos”.

Asemade, están previstas distintas accións para fortalecer as propias empresas e entidades, así como a creación interna de dúas ferramentas coas que estudar as necesidades e solucións dixitais da área de emprego da entidade, así como desenvolver unha aplicación móbil e asistente virtual que facilite a atención das persoas beneficiarias desta área.

AMI4CEI estará operativo ata finais do ano 2026, cunha metodoloxía centrada na persoa que pretende establecer un sistema fluído de comunicación entre as empresas e os usuarios e usuarias traballadoras, no que Amicos os acompañará de preto en todo momento, apoiándose en ferramentas TIC pioneiras, como o uso da Intelixencia Artificial ou un software de xestión do talento integrado na propia web da entidade.

AMI4CEI é unha iniciativa posta en marcha por Amicos, con financiamento do Programa de Empleo, Formación, Educación e Economía Social (EFESO), e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), na calidade de organismo intermedio do programa EFESO.

Outros artigos

Afundación presentou “Castelao grafista (facsímile)” en Rianxo

Afundación, a Obra Social de Abanca, veu homenaxeando desde o ano 2020 o insigne intelectual e político rianxeiro coa mostra Castelao grafista (facsímile), conformada por fondos procedentes das coleccións Abanca e Afundación, producida pola Fundación Torrente...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.