O Auditorio Municipal de Ribeira foi o escenario este mércores 4 de decembro da presentación do Calendario Solidario 2025 realizado pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional xunto ca colaboración do fotógrafo Pichero. Por certo que na versión realizada para o ano 2025 a comunidade da asociación inclusiva volveu facer unha homenaxe fotográfica ás series máis destacadas do panorama audiovisual actual.

Na presentación estiveron presentes: Pichero, fotógrafo e creador das portadas de Ambar, Antía Alberte, concelleira de Cultura, Xabier Vidal, concelleiro de Infraestruturas e Obras, Vicente Mariño, concelleiro de Servizos Sociais e Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar.

O acto, presentado por Joserra Figueira, comezou cun making of que reflectía o proceso realizado durante o traballo dalgunhas das edicións lanzadas estes 10 últimos anos. Logo proxectáronse uns vídeos individualmente para ir desvelando as series que protagonizarán cada mes do 2025. As series que se versaron este ano e as respectivas persoas usuarias que as fixeron son:
Muertos con David Caamaño, Fran Romero, Noelia Argibay, Andrés Pérez, Elena Pérez, Carmen
Pérez, Martín Ramallo, Manolo Saborido, Carmen Pazos, Oliva Sampedro e Vanesa Villar.
Motel Valkirias con Marina Mondelo, María Elena Oujo e Mónica Lojo.
El Caso Asunta con Mercedes Río e Daniel Piñeiro.
Vida Perfecta con Angy Devesa, Manola Davila e Mónica Rial.
Jaguar con Alejandro Collazo, Álvaro Fernández, Iván Rodriguez, Raquel Hernández e Ángel Sampedro.
Pollos sin Cabeza con Ramón Rodríguez, Moisés Calvo, Richi Rama, Olaia Pérez, Juan Sampedro, Irene Abalo, Jacques Pérez e Beatriz González.
Reina Roja con Sara Pouso, Virginia Mayán, José Manuel Matías, Álex Dios e Virginia Mayán. Clanes con Fernando Carvalho e Iria Gómez.
Berlín con Montserrat Queiruga, Jesús Dieste, Manuel Alonso, David González, Nerea Collazo e Toni Estévez.
El tiempo Que Te Doy con Manola Vidal e Javier García.
Galgos con Moncho Zurdo, María Eugenia Reiriz, Severo Pérez, Manuel Vilas, Sergio Sanlés, Victoria Piñeiro, Victor Lojo e Sonia Piñeiro.
Las Largas Sombras con Myriam Paz, Sonia Alonso, Esperanza Silva, Pilar Lorenzo e Milagros Creo.

Houbo algunha aparición sorpresa, xa que moitas das persoas que traballaron como actores e actrices nas series versadas por Ambar apareceron en vídeo saudando e dando os parabéns polo traballo realizado, entre eles Nadia de Santiago, Óscar Casas, Blanca Suarez, Tristán Ulloa, Hovick Keuchkerian, Álvaro Cervantes ou Tamar Novas.

As empresas que colaboraron con Ambar este ano para levar adiante este proxecto son Serdeco Mobalco, A Poutada, Pablo Ferreirós Coyamar, Río Blanco, Fripusa, Forxa Galega, Electro Vidal, CEPSA, Pichero e Marxe Artes Gráficas.

Durante o acto realizouse entrega de trofeos a todas as persoas usuarias, tanto ás que participaron nesta edición, como as que o fixeron en edicións anteriores. Ao remate da gala tamén fixeron unha mención especial e entrega a Pichero dun trofeo único e artesanal realizado por Santi Fernández, xa que “grazas ó seu talento conseguiuse chegar ata unha décima edición deste Calendario Solidario”, sinalaron dende Ambar, engadindo que o Calendario Solidario 2025pode adquirirse no Centro de Recursos da Asociación. Está dispoñíbel para reservar nas canles habituais: correo@asociacionambar.org ou chamando ao 981 87 54 75. A versión de parede custa 7€ e a de mesa 3,50€.
