Aguiño inaugura o seu xa célebre Belén e Carreira “acende” o seu este sábado polo serán

14 Decembro 2024

Este venres 13 de decembro a partir das 18.00 horas, a veciñanza de Aguiño, boa parte da Corporación do Concello e da Unidade Pastoral de Ribeira (incluído o alcalde Luís Pérez Barral e o párroco Alfonso Mera) participaron na inauguración do xa histórico Belén animado da parroquia, un dos máis visitados de todo Barbanza e de Galicia, principalmente polo importante traballo de artesanía, mecánica e electrónica que levam detrás unha cantidade destacada das súas figuras e elementos ornamentais, achegadas polo artesán local Miguel Ángel Abraldes, que desta volta subministrou (como vén sendo habitual cada ano) algunhas novidades no Nacemento, como un redeiro e máis unha costureira.

A instalación foi realizada polas persoas que participan no obradoiro de carpintaría da UCA baixo a dirección do mestre Manuel Casais.

O Belén acendeuse novamente no seu emprazamento habitual, no adro da igrexa parroquial de Aguiño. A cita festiva, marcada polo frío invernal, complementouse cunha chocolatada con churros para desfrute de veciños e visitantes.

O Concello informou que este sábado 14 de decembro está previsto inaugurar a instalación de Nadal en Carreira a partir das 19.00 horas. Trátase do alumeado tradicional e máis do Belén solidario confeccionado con troncos de madeira e habilitado a carón da capela da Nosa Señora da Guía. Haberá chocolatada, música tradicional galega e recadación de donativos a través da venda de rifas para contribuír ao traballo da asociación Art For Dent.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.