A Xunta e o Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

26 Decembro 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor de Ribeira, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez, a concelleira de Promoción Económica, Genoveva Betanzos e o presidente da Asociación de Empresarios, Francisco Martínez, realizaron este xoves 26 de decembro unha visita ao Mercado Municipal para promover os produtos frescos de proximidade e animar á poboación a consumir nos comercios da localidade.

Na reunión valoraron o programa de actividades que está a desenvolver a patronal no marco do Nadal e tamén comentaron distintos aspectos relacionados co Plan Estratéxico do Comercio de Galicia que o Goberno galego prevé presentar no primeiro trimestre de 2025.

Alén, que visitou tamén a sede dos empresarios e a pista de xeo habilitada pola patronal no porto para dinamizar o concello e promover as visitas durante estas datas sinaladas, fixo fincapé nos produtos frescos e de calidade que ofrecen os mercados e prazas de abastos galegos de cara a confeccionar as mellores propostas gastronómicas nuns días nos que proliferan as comidas e ceas en familia. Destacou que os comerciantes espallados polo territorio son a mellor garantía de atención próxima que se require en épocas coma esta, de cara a atopar os mellores agasallos.

Pola súa banda, o alcalde agradeceu a visita argumentando que “é un motivo de alegría que dende a Xunta de Galicia veñan a Ribeira para recoñecer a calidade dos produtos frescos como o peixe e o marisco”. Pérez Barral argumentou que é necesario que todas as administracións vaiamos da man para potenciar o comercio de proximidade ao tempo que se promove a calidade dos seus produtos”.

Aposta de Ribeira polo comercio local

Luís Pérez Barral manifestou o compromiso do Goberno local polo comercio e a hostalaría da localidade. Neste sentido lembrou que4 o Concello achegou 45.000 euros anuais á patronal local para a promoción do comercio de proximidade e tamén dende as concellerías de Cultura, Festexos, Mercados e Promoción Económica estase a facer un forte investimento neste Nadal “para que a veciñanza de Ribeira poida gozar de máis de medio cento de actividades tanto no centro urbano como nas parroquias”.

Engadiu que “dende o Concello estamos investindo máis de 250.000 euros para que a veciñanza teña todo tipo de actividades, lúdicas, culturais e festivas promovendo que as rúas estean cheas de vida, e polo tanto, para que o comercio local reluza de dinamismo nestas datas”

Para finalizar Barral animou á veciñanza e aos visitantes a mercar en Ribeira porque ademais de levar produtos de calidade para a casa, axúdase aos veciños e veciñas xerando un impacto económico positivo na localidade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...