A Xunta e o Concello de Padrón avalían as propostas para a xestión do risco de inundacións no municipio

20 Decembro 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Padrón, Anxo Rei, avaliaron nunha reunión que mantiveron recentemente medidas para paliar o risco de asolagamentos na localidade, que, de feito, conta cunha zona declarada como área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

Máis polo miúdo, Ángeles Vázquez abordou co rexedor o desenvolvemento do convenio asinado entre Augas de Galicia e o Concello para a xestión das inundación na ARPSI Río Ulla-Sar, que está vixente ata 2026 e conta cun orzamento de 3 millóns de euros. Nese senso, a conselleira informou a Anxo Rei de que proximamente Augas de Galicia remitirá ao Concello varios proxectos de actuacións nos regos Tarrío e Avelenda así como nun tramo do río Ulla, para a súa análise e proceder, a continuación, ao inicio da tramitación dos informes sectoriais e de afección.

A maiores, a conselleira lembrou que a Xunta está traballando no deseño do novo Plan de xestión de risco de inundación 2028-2033 (PXRI) coa avaliación preliminar da situación dos ríos galegos desde este punto de vista, unha análise realizada por Augas de Galicia. Cómpre lembrar que a comezos deste mes se pechou o período de consulta pública aberto o pasado mes de agosto co fin de recompilar as posibles achegas de entidades e cidadáns para minimizar os efectos dos asolagamentos sobre o territorio, a economía e a poboación.

Esta planificación, que se realiza en ciclos de seis anos, comeza sempre cun estudo preliminar do risco de asolagamento co fin de identificar aqueles tramos fluviais máis vulnerables por presentar un risco significativo ou probable de provocar este tipo de episodios.

Para concluír, Ángeles Vázquez subliñou que a Xunta segue avanzando tamén nos estudos relativos ao cambio climático e os seus efectos nos ríos xa que axudan a realizar unha valoración cuantitativa das variacións nos caudais de avenida esperados en función dos distintos escenarios.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...