A Xunta achegou case 59.000 euros á mellora dos accesos ao Polígono de Rianxo

17 Decembro 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo,  visitou este 17 de decembro o Polígono Industrial de Rianxo para supervisar a actuación realizada, cun apoio da Xunta de case 59.000 euros, que permitiu o acondicionamento dos accesos ao complexo empresarial.

Segundo lembrou, realizáronse melloras nas vías de acceso dende Asados e dende Taragoña ao Parque Empresarial de Te, de renovación e mantemento do firme a través da reposición completa e un acondicionamento da zona para dar comodidade e continuidade ás saídas a partir do polígono existente, que conta a día de hoxe cunha vintena de empresas.

Esta orde recolle  ata un máximo de 120.000 euros por proxecto, e está destinada á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias (a actuación máis demandada).

A delegada da Xunta explicou que esta liña de axudas “contribúe a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia e para a mellorar a competitividade das nosas empresas”.

Belén do Campo lembrou que esta orde da axudas repartiu na comarca do Barbanza máis de 200.000 euros entre Noia, Boiro (2 axudas) e Rianxo, a provincia da Coruña contou con 1,8 millóns de euros para apoiar a 26 parques empresarias e  os polígonos industriais de Galicia contaron cun orzamento total de 3,5 millóns de euros. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.