A veciñanza de Aguiño e o BNG volven reclamar unha sanidade pública digna

20 Decembro 2024

Este venres 20 de decembro celebrouse a carón do Centro de Saúde de Aguiño unha nova concentración veciñal destinada a reclamar unha solución definitiva á falta de persoal e unha mellor cobertura sanitaria no centro. Xuntáronse novamente centos de veciños, acompañados de representantes do Bloque Nacionalista Galego. Reclamaron novamente “unha sanidade pública digna”, denuncia que contou co respaldo activo de membros do BNG.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, asegurou que “non parará ata que todas as prazas médicas e sanitarias estean cubertas porque é xusto que a veciñanza teña unha atención sanitaria de calidade, sen esperas interminábeis”. E engadiu: “Estarei ao lado dos meus veciños o tempo que faga falta, porque o primeiro ao que me debo como alcalde é aos seus intereses. Reclamarei sempre o que é de xustiza e un dereito básico e esencial como é a saúde”, subliñou.

Denuncia da situación actual

O BNG lembra que, a día de hoxe, “os centros de saúde de Ribeira e Aguiño carecen de catro médicos e un profesional adicional no Punto de Atención Continuada (PAC), unha situación que está a provocar esperas de ata tres semanas para obter unha cita; e ademais moitas persoas vén obrigadas a recorrer a servizos xa saturados, como o PAC ou as Urxencias do Hospital Comarcal da Barbanza”.

O BNG denuncia que “o caso de Aguiño é especialmente grave, xa que chegou a quedar sen ningún médico dispoñíbel. A solución provisional da Consellería de Sanidade foi trasladar unha médica desde Ribeira, unha medida que só transvasa o problema dunha localidade a outra, sen achegar unha solución real”.

O rexedor ribeirense destacou “que o Goberno local enviou varios escritos ao conselleiro de Sanidade solicitando a cobertura inmediata das dúas prazas vacantes no consultorio periférico de Aguiño”. A este sentido, explicou que “unha destas prazas quedou vacante por xubilación do titular, e a outra correspóndese cunha baixa de longa duración; actualmente, unha soa doutora está atendendo en Aguiño para cubrir dúas ausencias, o que provoca que haxa pacientes que non podan recibir atención sanitaria nin obter cita en Atención Primaria”, engadiu o alcalde.

Dende a organización nacionalista criticaron as declaracións do Partido Popular no Parlamento Galego, nas que se acusaban a Aguiño de ser “hostil” co Goberno da Xunta de Galiza.

Para o BNG, “a mobilización de hoxe puxo de manifesto o profundo malestar da cidadanía pola falta de recursos sanitarios”. E engadiu: “É imprescindíbel que a Xunta tome nota do clamor popular e adopte medidas inmediatas que garantan unha atención de calidade. Esta loita non é só do BNG, é de toda a veciñanza de Aguiño e Ribeira, que merece unha sanidade pública forte e eficaz”.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.