A veciñanza da Pobra asiste a un obradoiro para o crecemento persoal

03 Decembro 2024

A asociación Andaina Pro Saúde Mental imparte na Pobra do Caramiñal un obradoiro de afrontamento para o crecemento persoal e a resiliencia enmarcado no seu programa Falamos?, coa colaboración da Concellaría dos Servizos Sociais. Veciñanza pobrense asiste a esta formación dividida en dúas sesións en quenda de mañá: a primeira, neste martes 3, e a segunda, no xoves 5.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, desprazouse ata a Casa da Mocidade para dar a benvida ás persoas participantes. Quixo destacar a importancia de poñer en marcha por parte da Administración local tódolos mecanismos precisos para dar resposta ás necesidades e problemáticas de ámbito social que xorden no día a día da cidadanía, nesta ocasión, a través dunha acción formativa que contribuirá á mellora do seu benestar e a xerar comunidade.

O dito taller estrutúrase como unha intervención grupal complementaria á atención individual que se ofrece dentro do programa. Foméntase a comprensión e o uso de estratexias de afrontamento para manexar diversas situacións de malestar ou estrés que aparecen ao longo da vida. Para tal fin, fortalécense as habilidades e recursos persoais para actuar ante un problema ou xestionar posíbeis situacións emocionais. Así mesmo, promóvese a escoita activa e axuda mutua, ademais de posibilitar a construción de relacións de confianza, incrementando a rede social de apoio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...