O grupo municipal da Marea xa ten proposta para o POS (Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña) que se ten que someter a votación no vindeiro mes de xaneiro: será a construción dun centro de día no concello de Noia.
A Marea indicou que “parte da financiamento será mediante o Plan de Obras e Servizos e outra a cargo da subvención da Xunta de Galicia que xa se solicitou hai anos”. A agrupación engadiu na súa proposta que sería factíbel destinar entorno aos 180.000€ dos 700.000 euros que a Deputación destina para Noia. Manolo Seijas, responsábel do grupo, sinalou que “con esta proposta queda en evidencia que o centro de día non está en marcha porque o goberno que había en maioría non tiña ningún interese en materializar esta proposta””
A proposta vai encamiñada na necesidades de dotar a Noia de Servizos elementais de conciliación.
Seijas destacou que buscará o apoio do PSOE, BNG e Grupo Mixto para que esta proposta se materialice e non descarta modificacións de crédito para que esta proposta sexa unha realidade a finais do ano 2026




