A foodtruck de Galicia Sabe aMar recala este venres 27 de decembro na praza do Bosque de Outes

24 Decembro 2024

A xira da campaña Galicia sabe aMar, impulsada pola Consellería de Mar para promover os produtos do noso sector pesqueiro e marisqueiro, estará o vindeiro venres 27 de decembro en Outes, na praza do Bosque, coincidindo co miolo das celebracións do Nadal. A foodtruck de Galicia sabe aMar instalarase no dito emprazamento da Serra entre as 9.00 e as 14.00 horas, e dende alí achegaranse información e degustacións dos nosos produtos pesqueiros.

Así, quen o desexe pode achegarse a degustar algún dos petiscos preparados a base de produtos do mar e da terra.

A xira inclúe unha foodtruck dende onde a Consellería do Mar enxalza os produtos das rías galegas e pon o foco nos beneficios dos nosos peixes e mariscos para acadar unha dieta saudábel e equilibrada.

A campaña tamén é un xeito apoiar á xente do mar, incentivando o consumo do peixe e marisco.

Galicia sabe aMar é é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

En cada parada da xira os visitantes poden degustar algún dos moitos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.