A Coruña será o escenario da 1ª semifinal do certame Cociñeiro/a e Camareiro/a do Ano 2026

13 Decembro 2024

A Coruña será en abril de 2025 a sede da primeira semifinal do Concurso Cociñeiro/a e Camareiro/a do Ano 2026, un certame gastronómico que en 2024 celebrou os seus vinte anos de historia. O acordo relativo a este evento foi formalizado esta semana polo vicepresidente, Xosé Regueira, e o director xeral de Grupo Caterdata, Alfons Pastor. Esta acción enmárcase dentro da campaña turística e gastronómica A provincia que sabe promovida pola área de turismo da Deputación.

Para Xosé Regueira, acoller este evento “é unha oportunidade única porque a gastronomía converteuse no primeiro produto turístico da Deputación e, desde hai dous anos, estamos a traballar nesta liña e con moi bo retorno para o sector”.

Pola súa banda, o director xeral do Grupo Caterdata, Alfons Pastor, afirmou que lle fai “especial ilusión volver a Galicia para celebrar unha semifinal do certame, xa que é un territorio cun produto excelente e con grandes chefs como, por exemplo, Beatriz Sotelo, gañadora da II edición do certame. “Cabe lembrar que dous anos despois, en 2010, o restaurante que ela lideraba obtivo unha estrela Michelin, converténdose entón na chef española máis nova en conseguir esa prestixiosa distinción culinaria”, lembra Pastor.

X edición do Concurso Cociñeiro/a do Ano

O Cociñeiro/a e Camareiro/a do Ano é un evento culinario bienal que consta de dúas semifinais e unha final que se celebrará en marzo de 2026 no marco de Alimentaria & Hostelco, unha feira que ten lugar en Barcelona cada dous anos. Esta será a X edición do Concurso Cociñeiro/a do Ano, un certame que descubriu a máis de 70 estrelas Michelin en España, Austria, Alemaña ou Suíza. O primeiro gañador deste certame, celebrado o ano 2006, foi o coñecido chef Jordi Cruz.

Ademais de Beatriz Sotelo, outros chefs da provincia da Coruña como Luis Veira, Ivan Dominguez ou Lucía Freitas participaron neste certame que pon a proba as aptitudes de todos os aspirantes, que deben cociñar en directo. E é que, en cada semifinal onde participan seis equipos, teñen cinco horas para elaborar un menú completo, composto por entrante, prato principal e sobremesa. Un xurado de gran prestixio valorará os pratos e elixirá os candidatos que pasarán á Gran Final que se celebrará na feira Alimentaria & Hostelco en 2026.

VI edición do Concurso Camareiro/a do ano

Pola súa banda, esta será a VI edición do Concurso Camareiro do ano, un evento que empezou a súa andaina no ano 2012 para poñer en valor o traballo dos profesionais de sala. En cada semifinal, seis participantes realizarán un circuíto de probas de sala para demostrar as súas aptitudes e poñer de manifesto a súa profesionalidade.

Xurado do ‘Cociñeiro/a e Camareiro/a’ do Ano 2026

O concurso Cociñeiro/a e Camareiro/a do Ano 2026 conta cun xurado de excepción, liderado polo cociñeiro Martín Berasategui como presidente de honra e formado por outros profesionais da gastronomía da talla de José Carlos Capel, que garantirán a excelencia desta décima edición que contará contará coa Coruña como un dos seus escenarios principais.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...