A campaña “Moito coidado” da Deputación promove a prevención das ITS cun enfoque de xénero

11 Decembro 2024

O IES Rafael Puga Ramón acolleu este 11 de decembro a estrea do spot Moito coidado, que forma parte da campaña impulsada pola área de igualdade da Deputación da Coruña para previr as Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) cun enfoque de xénero. A deputada de igualdade, Soledad Agra, acompañada do director do centro, Pablo González, e da técnica de igualdade, Eva Ovenza, foi a encargada de presentar o proxecto “que vai máis aló do 25N, desenvolvendo actividades durante todo o ano”.

A deputada outense Soledad Agra salientou o incremento das ITS, que “debe ser analizado como violencia de xénero, xa que estas situacións están, na maioría dos casos, vinculadas a prácticas de risco e enganos”. Amais, alou da “falta de educación sexual” como unha das causas. “A principal fonte de información da mocidade é a pornografía, que promove os roles patriarcais e comportamentos machistas”.

Os coordinadores da campaña, Judit Cabana e Carlos Álvarez, de FEMUR, explicaron o enfoque da campaña: “Desde unha perspectiva crítica, os homes adoitan asumir identidades de risco, normalizando comportamentos que priorizan accións sen considerar emocións ou consecuencias. Por outro lado, as mulleres enfróntanse a presións sociais que fomentan o falso consentimento, a abnegación e a aceptación de comportamentos que derivan en sentimentos de culpa e indefensión. Estes comportamentos de risco, manipulación e engano son considerados como violencia de xénero con impacto directo no contaxio das ITS”.

O obxectivo da campaña é, precisamente, “visibilizar estas condutas como a verdadeira orixe do problema, rexeitando culpar ás vítimas e promovendo unha resposta construtiva baseada na Ética dos Coidados”.

Baixo o lema Mudemos a violencia por coidado, esta iniciativa que se enmarca en De fronte utiliza o concepto polisémico de ‘coidado’, que fala tanto do problema como da solución. Ademais das pezas audiovisuais, inclúe material divulgativo e de difusión, dispoñible para todos os concellos, entidades e persoas en defronte.gal. Tamén se levarán a cabo accións formativas de educación afectivo sexual cunha perspectiva feminista entre a mocidade nos vindeiros meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.