A ampliación do Bono Activa Comercio da Xunta xa se pode descargar este luns

08 Decembro 2024

A Xunta activa este luns a ampliación da sexta edición dos Bonos Activa Comercio. Achega outros 2,5 millóns de euros á partida incial para incentivar as compras no comercio de proximidade. Desde este luns xa poderá descargarse ou utilizarse nos locais adheridos.

Esta ampliación do investimento débese á alta demanda da actual convocatoria, a segunda do ano, que se esgotou case dous días a principios de novembro. Ao Bono Activa comercio adheríronse preto de 7.000 e xa se descargaron comercios máis de 255.000 bonos. A utilización dos bonos mobilizou en total máis de 11 millóns de euros en vendas.  En concreto, a Xunta destinou a esta acción un total de 7,5 millóns de euros en 2024.

Ao tratarse dunha ampliación de crédito da última campaña dos Bonos Activa Comercio, os establecementos que xa se sumaron á iniciativa seguen estando adheridos, e os que aínda non se deron de alta poden sumarse, xa desde o pasado venres, 6 de decembro, segundo explica a Xunta de Galicia.

As persoas que xa descargaron os bonos de desconto hai un mes e aínda non os gastaron, en parte ou na súa totalidade, teñen desde mañá unha nova oportunidade empregalos. E os que non os descargaron pòden facelo a partir do luns 9 de decembro, na web    www.bonosactivacomercio.gal.

Tamén os usuarios que descargaron o bono desta sexta edición e eliminárono sen chegar a gastalo poderán volver descargalo a partir de mañá para usalo.

Os bonos, cun importe de 30 euros, teñen formato dixital QR e están dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe irase reducindo en función do valor da compra.

Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.

Tal e como establecen as normas da convocatoria, cada persoa pode descargar un único bono, polo que se un usuario xa fixo uso do seu bono en novembro, non pode volver descargar outro agora.

Outros artigos

Xoves 1, xornada de tempo inestable

As Rías Baixas agardan unha xornada de tempo inestable con risco de treboadas no interior A comarca e as rías baixa veranse afectadas pola presenza dun embolsamento de aire frío en altura situado ó oeste de Portugal, que provocará unha certa inestabilidade atmosférica...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...