A ABE premia dúas persoas nos primeiros sorteos da súa Campaña de Nadal

09 Decembro 2024

A patronal boirense (ABE) informou das primeiras persoas premiadas na súa Campaña Nadal, nos primeiros sorteos de cantos están previstos nestas festas. Trátase de Ana Isabel Calo e Marta Inés Casais, que reciben cadanseu bono de 100€ para gastar sen caducidade en calquera dos 206 negocios asociados a ABE. Os nomes déronse a coñecer na mañá deste luns 9 de decembro, na sede da asociación.

Como dixemos, trátase do primeiro sorte da Campaña do Nadal correspondente ao sábado 7 e o domingo 8 de decembro. Durante eses dous días rexistráronse na web da ABE 185 tíckets e facturas entre os que se realizaron os sorteos de dous bonos de 100€ que recaeron en Ana Isabel Calo, polas súas compras no Hipermarket Haomai, e Marta Inés Casais, polas súas compras en Baldani Concept Store.

A ABE lembra que realizará un sorteo de un premio de 100€ cada día da campaña ata o 5 de xaneiro e que nos sorteos participan os tíckets rexistrados dende o inicio da campaña (7 decembro) ata o día de cada un dos sorteos polo que os clientes teñen a oportunidade de participar en varios sorteos co mesmo rexistro e así multiplicar as súas opcións de gañar un dos premios.

A ABE contactará cas persoas premiadas e realizará a entrega dos premios nun acto ao remate da campaña do Nadal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.