50 persoas participaron este domingo nun roteiro histórico polas minas de San Fins

29 Decembro 2024
  • Na xornada presentouse o libro “As minas dos ingleses”, obra galardoana co Premio de Investigación Buxa sobre Patrimonio Industrial
  • No roteiro as persoas participantes puideron coñecer algúns dos lugares menos coñecidos das minas de Lousame, incluíndo unha galería da época

Este domingo 29 de decembro presentouse durante un roteiro polas minas de San Fins a obra premiada por Buxa – Asociación Galega do Patrimonio Industrial nos seus premios de investigación bianuais. Na edición 2023-2024 resultou galardoada a obra As minas dos ingleses: San Finx até à Primeira Guerra Mundial, da autoría de Joám Evans Pim.

Na actividade celebrada na tarde do domingo participou medio cento de persoas que percorreron da man do autor da investigación os lugares asociados a esta primeira época da explotación: desde o cuartel de traballadores construído en 1897 ata un polvorín e os restos do Pozo Mestre. Tamén puideron visitar unha galería mineira que funcionou neste primeiro periodo da mina.

Buxa e Edicións Ézaro veñen de publicar esta mesna semana o libro da obra premiada, que recolle o periodo máis oscuro e menos coñecido das históricas minas de estaño e volframio de Lousame: o comprendido entre a descoberta do xacemento pola familia inglesa dos Burbury ata o estalido da Primeira Guerra Mundial. Nas súas 180 páxinas a obra revela de xeito minucioso os primeiros 30 anos da explotación mineira.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.