16 centros do Barbanza participan no programa Navega con rumbo para promover un bo uso da Rede

08 Decembro 2024

Un total de 240 centros educativos galegos participarán ao longo deste curso no programa Navega con rumbo, unha iniciativa impulsada pola Xunta en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia coa finalidade de “guiar á rapazada nun emprego seguro da Internet de xeito útil e responsábel, ao tempo que tamén se lle facilitan ferramentas aos docentes para uso didáctico na aula”.

Por provincias, participan 88 centros da Coruña, 36 da provincia de Lugo, 33 de Ourense e 83 da de Pontevedra. A relación de centros participantes pode consultarse no Portal Educativo.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, na sinatura do acordo de colaboración

Pola comarca do Barbanza concorren os seguintes dezaseis centros: CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame); o CEIP Santa Irene, o IES de Porto do Son e o CEIP de Portosín (Porto do Son); o CEIP Heroínas de Sálvora, o IES Leliadoura, o CEIP Plurilingüe de Artes, o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, o CPR La Milagrosa – Josefa Sobrido e o CEIP de Palmeira (Ribeira); o CEIP Santa Baia e o IES Praia Barraña (Boiro); o IES Plurilingüe Fontexería e o IES As Insuas (Muros); o CEIP Ana María Diéguez (Rianxo); e o IES Poeta Añón (Outes).

Trátase da décimo terceira edición deste programa, que leva vixente en Galicia desde o curso 2010-11, e que está incluído entre as accións da Estratexia de Educación Dixital 2030.

Ao abeiro do mesmo, especialistas do Colexio de Enxeñaría Informática levarán a cabo xornadas divulgativas dunha hora de duración nos centros de ensino, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, 1º de ESO e 1º de FP Básica para guiar aos rapaces cara a unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da Rede.

Amais, farase partícipe ao profesorado e familias para que tamén sexan transmisores para o alumnado.

O programa Navega con rumbo inclúe ademais, unha Guía de Boas Prácticas en Internet dispoñíbel en soporte dixital e en formato impreso nos propios centros.

Esta acción forma parte dun abano de iniciativas que o Goberno galego está a reforzar co obxecto de adiantarse aos desafíos das novas tecnoloxías. Seguindo este fío, a Xunta informou que este ano vai lanzar un novo programa dirixido ao alumnado de Educación Primaria para favorecer o correcto uso das novas tecnoloxías, cun investimento que superará os 2 M€. Asemade, puxo a disposición do alumnado a Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais, un documento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) que aborda, desde “unha linguaxe sinxela e directa”, efectos e riscos. Forma parte do programa Pegada Dixital que se desenvolve en centros educativos desde hai dous cursos con 250 obradoiros. Ademais, a través dunha guía de boas prácticas, tamén se fai partícipe das recomendacións aos profesores e familias na medida en que se poidan converter en transmisores de boas prácticas de cara á rapazada.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.