Galicia permanecerá baixo a influencia dunha área de baixas presións situada preto do litoral, acompañada dunha fronte fría activa que atravesará a comunidade de norte a sur durante a tarde.
A mañá comezará con precipitacións de intensidade moderada, que se irán xeneralizando e intensificando co paso das horas. Pola tarde, espérase un aumento significativo das chuvias en todo o territorio.
As temperaturas manteranse sen cambios destacados respecto a días anteriores. O vento soprará do suroeste, alcanzando forte intensidade, especialmente nas zonas costeiras e nas áreas montañosas do interior. Recoméndase precaución debido ás condicións meteorolóxicas adversas.

O noso mar: Atención Mar de vento do suroeste no litoral norte-noroeste forza 7, con núcleos de forza 8 en mar aberto.
Vento do sudoeste á mañá, do sudoeste á tarde e do norte á noite, forza 4 a 6 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá, 2 a 3.5 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove