Un proxecto socioeducativo renaturalizará parte do patio de xogos do colexio de Cadreche

15 Novembro 2024

Parte do patio de xogos do CEP Pilar Maestú Sierra lucirá novo aspecto a través dun proxecto socioeducativo e ambiental. Este consistirá na rexeneración e integración da área de lecer do colexio coa contorna na que se sitúa. Durante dous cursos, elaborarase conxuntamente un espazo sostíbel coa plantación de diversas especies botánicas e incorporación de elementos de xogo, entre eles, as cabanas realizadas polas propias crianzas. Todo isto en base á permacultura como explicou Ana de Diego, en representación de Agrofloresta Viva, empresa que executa os traballos.

A concelleira do Ensino da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo, incidiu na importancia desta iniciativa de renaturalización que financia a Administración local con 15.000 euros na primeira fase. “Non só serve para rexenerar un espazo de maneira ambiental, senón que tamén para que todos tomemos conciencia de que debemos coidar a nosa terra, o noso planeta”, fixo fincapé a edil.

Trátase dunha actividade de interese especial para a comunidade educativa, como apuntou a directora do colexio, Silvia Folgueira, pois “a colaboración de varios sectores e persoas vai dar lugar a un espazo para os nenos e as nenas que vai ser importante.” Segundo precisou “é un proxecto interdisciplinar” ao unir educación, colaboración e sostibilidade.

Deste xeito, daráselle unha segunda vida á natureza morta como así quixeron representar cun acto simbólico que marcou o inicio desta nova etapa no centro de estudos e que contou coa implicación de toda a comunidade educativa.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.