Un incendio nunha vivenda do Grove deixa unha muller falecida e cinco persoas feridas por inhalación de fume

13 Novembro 2024

Un dos feridos foi evacuado ao centro hospitalario de referencia, mentres que outras catro persoas desprazáronse a un Punto de Atención Continuada polos seus propios medios.

No momento do incendio había dúas persoas no interior da vivenda, situada na rúa Viña de Millán: un home, que foi quen contactou co 112 Galicia en primeira instancia e que estaba no piso superior; e a muller falecida, situada na planta baixa, onde comezou lume.

Durante a súa chamada, que se produciu contra as 23:20 horas do martes, o alertador explicou que conseguira saír ao balcón. Nos momentos posteriores, un familiar alertou tamén ao 112 Galicia dos feitos e confirmou que había unha muller no baixo da vivenda.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Salnés, do GES e de Protección Civil do Grove, do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo e da Garda Civil. Ao mesmo tempo, informouse aos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se resultara necesaria a súa intervención.

Ao fío da medianoite deuse por apagado o lume, que queimou un salón por completo e que se orixinou nun sofá, e confirmouse o falecemento dunha muller que foi localizada nesta mesma estancia.

Os servizos de emerxencias rescataron ao home cunha escada a través do balcón, e catro persoas máis que trataron de entrar na vivenda para axudar resultaron tamén afectadas por inhalación de fume.

Outros artigos

Xoves 6, sol e suba da temperatura

Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.