Rianxo comeza este venres as celebracións do 25N coas narracións de Ana Hermida en Isorna

15 Novembro 2024

O Concello de Rianxo ten organizada unha ampla programación para conmemorar o 25N que inclúe, a xeito de arrinque da axenda, Contando en feminino, actividade dirixida ao público familiar, onde Ana Hermida contará historias para concienciar na igualdade e violencia de xénero.

A cita co feminismo será o venres 15 de novembro ás 19:00 h. na parroquia rianxeira de Isorna, onde naceu e descansan os restos do crego e poeta antifranquista “Faustino Rey Romero” que dá nome ao Centro Sociocultural, coñecido como a Casa da República, onde terá lugar a actividade.

A función vén da man Asociación Lisitrata. Trátase dunha función familiar abeirada á Rede Cultural da Deputación da Coruña que inclúe historias contadas desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o final pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.