Regresan os voluntarios da Protección Civil e o policía local da Pobra destinados ao territorio afectado pola DINA

12 Novembro 2024

Dada a situación na Comunidade Valenciana pola DINA (siglas de Depresión Illada en Niveis Altos), o Concello da Pobra do Caramiñal decidiu colaborar coa zona afectada destinando recursos humanos e materiais para labores de achique e limpeza de rúas e de seguridade cidadá. Con ese obxectivo partiron na mañá do 7 de novembro catro persoas voluntarias da Protección Civil e un axente da Policía local. Levaron consigo un vehículo todoterreo, remolque, coche patrulla, xeradores, mangueiras, palas, rastros, caldeiros e bombas de achique, entre outros medios.

Finalmente, o destino foi Paiporta, onde traballaron intensamente durante a súa estadía para axudar nas tarefas que alí se desenvolven tralo forte episodio de gota fría.

Á súa chegada á Pobra do Caramiñal na noite do 11 de novembro foron recibidos polo alcalde e titular da Concellaría da Seguridade, José Carlos Vidal, e pola concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo, para darlles a benvida e felicitalos polo seu altruísmo.

“Toda axuda é necesaria nun momento así. Por iso quixemos botar unha man e o Concello da Pobra do Caramiñal puxo a disposición medios humanos e materiais con destino aos lugares que se considerase. Paiporta foi, finalmente, o destino do noso equipo. Quero agradecer o intenso traballo e a solidariedade da Protección Civil e da Policía local”, manifesta o rexedor.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.