Presentase en Lugo “Un ferrado de terra”, de Xerardo Quintiá, novo libro artesán de Bourel, realizado en Ribeira por Antonio Piñeiro

18 Novembro 2024

Presentase en Lugo “Un ferrado de terra”, de Xerardo Quintiá, novo libro artesán de Bourel, realizado en Ribeira por Antonio Piñeiro.

Este vindeiro sábado 23, ás 12,00 hs., no Vello Cárcere de Lugo, tera lugar a presentación de UN FERRADO DE TERRA, de Xerardo Quintiá. É unha obra de tiraxe limitada a 100 exemplares, realizada no taller de Antonio Piñeiro, en Ribeira. Leva duas pinturas de Baldo Ramos, executadas directamente sobre as páxinas.

Cada libro vai numerado e asinado polo autor e polo artista. A transcrición dos textos foi mecanográfica, páxina a páxina, por medio dunha vella Olympia Traveller; e a montaxe manual, acadando así a obra uns matices de singularidade próxima ao libro de artista. Canda Xerardo Quintiá intervirán Antonio Piñeiro e Baldo Ramos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.