O Consello Escolar Municipal de Boiro pon de manifesto as necesidades de persoal especializado nos centros de ensino

28 Novembro 2024

O Concello de Boiro celebrou unha nova sesión do Consello Escolar Municipal no que, entre outros temas, se falou das necesidade de profesionais nos centros. A sesión estivo presidida polo alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Educación, Carmen Silva, ademais dos distintos axentes implicados.

O Consello Escolar Municipal puxo de manifesto unha demanda xeneralizada de todos os centros de ensino da necesidade de aumentar a contratación de profesionais de PT e AL, así como coidadores nos centros educativos.

Na xuntanza fíxose tamén unha valoración do proxecto EnClave 2024/2025 que se está a desenvolver e no que o Concello de Boiro inviste 65.000 euros este ano para abordar de maneira integral os desafíos que enfrontan os estudantes no seu desenvolvemento emocional e social.

O Consello Escolar Municipal reúnese de xeito periódico durante o curso escolar para detectar e dar solución aos problemas e necesidades xurdidas no ámbito educativo. Este órgano, no que está representada toda a comunidade educativa do municipio, está en condición de ofrecer unhas perspectivas de interese xeral que axuden a clarificar e resolver aquelas problemáticas detectadas no eido escolar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.