O Concello de Ribeira regulará os espazos de parada nas rúas Rosalía de Castro e Lugo

12 Novembro 2024

O Concello de Ribeira anuncia a regulación dos espazos de parada temporal na rúa Rosalía de Castro e a rúa de Lugo. Esta medida, deseñada pola Policía Local ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e facilitar o acceso aos comercios locais. A medida foi acordada cos comerciantes da zona, mostrándose satisfeitos tras unha reunión na que se presentou e debateu a proposta.

Na rúa Rosalía de Castro habilitaranse tres zonas de parada limitada a 15 minutos para particulares, mentres que na rúa de Lugo dispoñerase dunha zona destas características. Estas áreas permitirán un uso máis eficiente do espazo, favorecendo a rotación de vehículos e facilitando o acceso dos clientes aos establecementos de ambas as rúas.

Ademais de fomentar a actividade comercial, a regulación busca contribuír á seguridade viaria mediante a redución da velocidade do tráfico nestas vías. A implementación destas zonas de parada contribuirá a calmar o tráfico, garantir que as persoas teñen maior prioridade e minimizar o risco de atropelos, aínda permitindo a circulación de vehículos.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, destacou a importancia desta medida ao tempo que subliñou o diálogo cos comerciantes locais: “esta iniciativa non só facilita o acceso aos negocios, senón que reforza a seguridade dos nosos veciños e veciñas. Traballamos conxuntamente co sector comercial porque cremos que as decisións deben tomarse escoitando a quen vive e traballan nestas rúas. Con estas medidas, buscamos un equilibrio entre mobilidade, seguridade e dinamización económica”*.

Desde o Concello de Ribeira destacamos que esta medida é o resultado dun diálogo construtivo co comercio local, reflectindo o compromiso municipal coas necesidades dos veciños e a mellora da convivencia urbana.

C:R.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.