Muros reivindica a economía sostíbel e o comercio local fronte ao consumismo a esgalla do Black Friday

22 Novembro 2024

O Concello de Muros puxo en marcha o ano pasado unha campaña para reivindicar o consumo responsábel e o comercio de proximidade, facendo fronte a outras tendencias propias do mes de novembro, como o Black Friday. A campaña Muros Consciente regresa este ano “cunha gran implicación de todo o concello que agradezo”, explicou na tarde deste 22 de novembro a alcaldesa, María Lago, nun acto no Mercado Municipal para presentar as accións da iniciativa, nada o ano pasado para “concienciar sobre a necesidade dun consumo sostíbel, ademais de apoiar ao comercio local a loitar contra as prácticas consumistas desta época nas grandes superficies”.

A rexedora explicou que “trala implicación que tivo o comercio local o ano pasado, este ano queremos implicar á hostalaría e por suposto á comunidade educativa e a veciñanza”.

Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino e Promoción Económica, destacou “a colaboración dos centros educativos, o que é fundamental para o éxito de Muros Consciente”, e convidou á hostalaría “a participar na actividade do 2 de decembro, onde coñeceremos proxectos e experiencias innovadoras en materia de economía circular”.

A campaña, promovida polo Concello de Muros coa dirección creativa do Espazo a Maceta, céntrase este ano nas estratexias de economía circular, enfocadas na xestión e redución de residuos na hostalaría local.

Segundo fixeron saber, Muros Consciente involucra a todo o concello, levando a cabo actividades como un museo en baixos sen alugar; obradoiros nos centros educativos e coa hostalaría; roteiros pola vila; actividades de lecer como o ioga; presentacións de proxectos inspiradores, e unha gala que está prevista para o vindeiro 29 de novembro, onde se reunirán varias asociacións para celebrar os beneficios que traen ao pobo co seu traballo.

“O importante dunha iniciativa deste tipo é que deixe pegada, que sirva realmente para reflexionar sobre o pobo que queremos, sobre a importancia de apoiar o noso, o máis próximo, e tamén sobre a importancia de que o comercio e a hostalaría aposten por un modelo sostíbel de negocio”, engade María Lago.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.