O Concello de Boiro selecciona alumnado de carpintería e forestal para o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV

11 Novembro 2024

O Concello de Boiro, que organiza o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV, vén de anunciar que seleccionará ao alumnado das modalidades de Carpintería e Forestal para participar na dita iniciativa formativa que terá unha duración de nove meses, adestrándose no mesmo 20 alumnos/as traballadores.

Indo á formación, dicir que estará dividida en dúas especialidades con 10 alumnos/as en cadansúa especialidade. Por unha banda vaise impartir a especialidade de Instalacións de elementos de carpintería e pola outra a de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. O alumnado contará cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais cun horario de 7.30 a 15.30 horas de luns a venres durante 9 meses.

O alumnado participante formarase de xeito teórico e tamén práctico realizando tarefas de conservación e valorización do Camiño A Orixe; cerramentos de madeira no Pazo de Goiáns; mellora das pasarelas do Camiño A Orixe ao seu paso polas praias de Barraña, Carragueiros e Mañóns; traballos de consolidación de frondosas en Goiáns, Abanqueiro e Valiño; mellora das faixas contra incendios en Brión; e tarefas de mellora da canle do río Coroño.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro deberán estar inscritas como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar Taller de emprego, amais de cumprir unha serie de requisitos xerais para o acceso ao emprego público e contar coa titulación precisa para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2. As bases do proceso selectivo e toda a información están dispoñíbeis na web municipal de Boiro.

Engadir que para levar a cabo o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV, o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 411.928 euros para desenvolver obradoiros duais de emprego.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...