O Concello de Boiro vai impartir catro accións formativas para persoas desempregadas no marco da concesión dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para actividades de capacitación para o emprego. As accións que se van a desenvolver serán Operacións básicas de cociña, Operacións básicas de restaurante e bar, Atención Sociosanitaria en Institucións e Atención Sociosanitaria no Domicilio.
O obxectivo destas é mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e optimizar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidades de adaptación os cambios dos sectores produtivos e á inserción laboral.
O curso de Operacións básicas de cociña terá unha duración de 368 horas; a formación de Operacións básicas de restaurante e bar será de 308 horas; Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais será de 468 horas; e Atención sociosanitaria a persoas no domicilio terá unha duración de 618 horas. Todos os certificados de profesionalidade comezarán a partir do mes de xaneiro e vanse desenvolver no Centro de Formación e Vivieiro de Empresas que o Concello de Boiro ten en Espiñeira.
As accións formativas irán dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia e a súa situación laboral como non ocupada. Todos os cursos formativos terán o módulo transversal de inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero e tamén sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Para levar a cabo estas propostas formativas o Concello de Boiro recibe da Consellería Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia una subvención por importe de 175.976,70 euros. Máis información sobre as accións formativas na web municipal ou mediante o Departamento de Emprego do Concello de Boiro (emprego@boiro.gal).