O Concello de Boiro conmemora o 25N coa colaboración de Ambar e un ciclo de actividades

14 Novembro 2024
As mozas de Ambar durante a intervención As paisaxes de Camille

O Concello de Boiro conmemora o 25N coa lectura dun manifesto institucional e unha performance da asociación inclusiva da nosa comarca Ambar, ademais de novas actividades do ciclo de actividades Muller e Saúde que se desenvolve durante todo o ano.

O acto central será o luns 25 de novembro na Casa Consistorial de Boiro ás 12.00 horas cunha concentración para facer a lectura do manifesto institucional. O acto contará coa performance nomeada As paisaxes de Camille, unha acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero realizada pola Asociación Ambar.

Ademais, durante o mes de novembro vanse levar a cabo dúas actividades dentro do programa Muller e Saúde, unha proposta que busca promover o benestar físico, mental e emocional da muller. A primeira das charlas será este venres 15 de novembro ás 17.00 horas no Centro Social de Boiro e consistirá nunha charla sobre Alimentación Antiinflamatoria impartida polo dietista da Consellería de Sanidade, Iván Parada Barral.

A segunda das sesións deste mes de novembro será o día 29 á mesma hora e vai consistir nunha charla sobre os beneficios do adestramento de forza para a prevención de enfermidades e estará impartida por Orlando Blanco Iglesias, técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudábeis da Consellería de Sanidade.

Outros artigos

Xoves 1, xornada de tempo inestable

As Rías Baixas agardan unha xornada de tempo inestable con risco de treboadas no interior A comarca e as rías baixa veranse afectadas pola presenza dun embolsamento de aire frío en altura situado ó oeste de Portugal, que provocará unha certa inestabilidade atmosférica...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...