O centro histórico de Santiago foi este domingo un clamor polo galego

17 Novembro 2024

A declaración de arredor de 200 entidades do país formalizando a declaración unitaria que recolle os puntos mínimos e as medidas urxentes para “mudar o rumbo do galego”, declaración lida esta semana pola xornalista Tareixa Navaza, foi en certa maneira o primeiro capítulo dunha nova batalla polo futuro da lingua que este domingo 17 de novembro celebrou en Santiago un novo episodio: unha multitudinaria manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego na que participaron milleiros de persoas, baixo o lema Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego. Interviñeron na Quintana (entre outras/os) o músico e escritor Xurxo Souto, a xornalista Tareixa Navaza, e o voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, amais dos representantes dos principais partidos da oposición na nosa terra: BNG e PSdG.

Así, estivo presente a portavoz nacional, Ana Pontón, que declarou que “hoxe estamos aquí para dicir que amamos a nosa lingua porque o galego é un ben que temos que preservar para o noso futuro”. “Esta é a lingua que herdamos dos nosos avós e avoas, dos nosos pais e nais, e tamén é a lingua que queremos que usen os nosos fillos, fillas, netos e netas”, explicou, engadindo que “hoxe é un día para denunciar que a lingua galega está nunha situación preocupante despois de 15 anos de políticas galegófobas do Partido Popular que están poñendo contra as cordas o futuro do noso idioma”.

Con todo, Pontón amosouse optimista de cara ao futuro ao describir esta situación como “reversíbel”, xa que ve “factíbel cambiar o rumbo cun cambio de política, comezando por suprimir ese decreto da vergoña que converteu o galego nunha lingua de segunda e que está facendo que os nenos e nenas que entran pola porta da escola falando galego saian falando castelán”.

Nesta liña, reclamou que “o señor Rueda debe escoitar a preocupación que hai na sociedade galega ante a situación límite na que puxo o seu idioma, rectificar as súas políticas e ser capaces de mudas o futuro da lingua”. Ademais, quixo lembrar que “hai moitas persoas que, aínda que non o falen, tamén cren que o galego é unha parte da nosa identidade que non se pode perder”.

Apoio dos socialistas galegos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, chamou hoxe en Santiago a “reverter a situación crítica do galego logo de 15 anos de gobernos do PP”. En declaracións aos medios durante a concentración da plataforma Queremos Galego na praza da Quintana, da que o Partido Socialista forma parte, asegurou que “urxe impulsar un novo rexurdimento da nosa lingua para reverter as políticas galeguicidas do Partido Popular”.

Besteiro encabezou a representación socialista nunha manifestación na que criticou que “Feijóo e Rueda conseguiron o que non aconteceu nin nos Séculos Escuros nin durante a Longa Noite de Pedra: que o galego xa non sexaa a primeira lingua do país”, e asegurou que o PSdeG vai defender “con toda a forza” o que considera a parte “mais valiosa” da cultura galega, “un idioma que esmorece nas mans de quen ten a obriga de defendelo”. “Seremos firmes, non imos baixar os brazos”, subliñou.

O secretario xeral recordou que o PSdeG, do mesmo xeito que numerosos colectivos, leva advertindo dende o 2009 sobre “os ataques do PP á lingua valéndose da maquinaria da Xunta”, logo de “dinamitar o consenso” en política lingüística, “con medidas coas que ata Fraga se escandalizaría”.

“Agora vemos o resultado”, lamentou o líder socialista sobre unha situación “que non acontecera nuna antes”. “O PP pode estar orgulloso, vén de conseguir un fito”, dixo irónicamente sobre o alarmante descenso do número de persoas que empregan o galego na súa vida cotiá. Besteiro cualificou de “moi triste” que o galego xa non sexa o idioma con máis falantes, como foi ao longo de toda a súa historia.

Porén, o tamén portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia insistiu no compromiso do PSdeG: “Traballaremos para darlle a volta a esa situación dramática para a nosa identidade como pobo e para a nosa cultura”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...