Dentro do ciclo “Coñece o teu Parque Nacional”, o Parque Nacional das Illas Atlánticas organiza este venres en Ribeira unha xornada de divulgación á cidadanía.
O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) anuncia unha nova xornada na que se poderá coñecer, polo miúdo, que aconteceu na traxedia do vapor-correo Santa Isabel.
A charla a cargo do Cronista Oficial de Ribeira, Xosé María Fernández Pazos, será este venres. 15 de novembro. ás 19:30 na Sala Polivalente do Auditorio (novo). Ribeira. Ós asistentes o Parque farálles un pequeno agasallo.
Artigo de Antón Luaces:“O afundimento do pesqueirio Albatros vai 70 anos deixou 14 vitimas, 11 delas do Barbanza”- Antón Luaces | O Barbanza




