“O afundimento do pesqueirio Albatros vai 70 anos deixou 14 vitimas, 12 delas do Barbanza”- Antón Luaces

15 Novembro 2024

Cúmprense 70 anos este 15 de novembro da morte no mar de 14 mariñeiros, 12 deles do Barbanza, tripulantes do pesqueiro Albatros, de 35 metros de eslora. O naufraxio produciuse á altura de Cedeira, e Corrubedo foi o pobo con maior número de falecidos, 8. Outros dous eran de Muros, e Ferrol, Porto do Son e Xixón, cada en seu. O único sobrevivente foi un mariñeiro de Miño. 

O Albatros faenaba no Cantábrico. A súa tripulación estaba integrada por homes de distintas idades e orixes, moitos deles mariñeiros curtidos, experimentados; máis tamén algúns novos.

O 9 de novembro de 1954 zarpaban de Xixón, ao igual que o facían acotío. Unha saída con mar tranquilo. Pero a seis millas de Cedeira houbo un repentino cambio nas condicións meteorolóxicas que sorprendeu á tripulación do pesqueiro: a tormenta, con forte vento e ondas xigantescas desestabilizou decontado o barco e a situación a bordo tornouse caótica.

Tentaron por rumbo ao porto da Coruña ao igual ca súa parella, o Alcaudón, pero cando o tempo foi a peor optaron por adiantar o regreso, informando por este motivo que a chegada a porto non se produciría antes das oito do serán.

Juan Varela Fernández, mariñeiro de Miño, informou que o barco foi golpeado por unha enorme onda que oi deixou ao garete, perdendo o Albatros a súa capacidade de manobra e sen poder controlar axeitadamente a súa estabilidade. De seguido, outra onda inundou o buque e este comezou a se afundir de popa quedando proa ao sol e rapidamente indo a pique.

O barco envorcou cando algúns tripulantes estaban na cuberta após a cea,  e outros no interior. Os da cuberta foron varridos polo mar e outros retidos na zona de habilitación, no interior, ou arrastrados polo mar ao exterior do buque. O único sobrevivente desta traxedia relatou que chegou a se subir ao bote salvavidas e que había compañeiros que lle indicaban que cando chegase ao bote retivera este e agardara por eles. Máis cando acadou subir a el perdeu o coñecemento durante uns minutos. Escoitaba as súas voces que, pouco a pouco ía perdendo e sen poder facer ren por eles. Permaneceu nesta situación doce horas, ata que finalmente chegou á praia de Baldaio, onde foi axudado por veciños que o trasladaron a un centro sanitario da Coruña.

Co paso dos días foron recuperados os corpos dalgúns mariñeiros. Un destes, á altura de Fisterra, unha semana despois do naufraxio. 

As honras fúnebres tiveron lugar na parroquia de Santa Icía, e o Estado encargouse de axudar ás familias das vítimas.

Dos finados, oito eran veciños de Corrubedo, un da Pobra, un de Seráns, dous de Muros, un de Ferrol e outro de Xixón: Lino Chouza Martínez, patrón de pesca, casado e con seis fillos, de Corrubedo; José Graña Carnés, tamén de Corrubedo, patrón de costa, casado e con 2 fillos; Luis Álvarez Alonso, de Xixón, primeiro maquinista, casado e con  2 fillos; José García Brión, de Corrubedo, contramestre, casado e ncon dous fillos; Segundo Maneiro Ageitos, de Corrubedo, cociñeiro; Crisanto García Martínez, de Corrubedo, solteiro; José Pérez García, de Corrubedo; Manuel Calo Rodríguez, de Corrubedo, mariñeiro, solteiro; Manuel Calo Rodríguez, de Corrubedo, mariñeiro, solteiro; José Mariño Prego, de Corrubedo;, José Pérez Vidal, de Seráns, mariñeiro e solteiro; Manuel Domínguez Lojo, A Pobra do Caramiñal, maquinista, casado e dous fillos; José Vázquez Martínez, de Muros, fogoeiro; Juan Martínez Rico, de Ferrol, fogoeiro; e o único sobrevívente, Juan Antonio Varela Fernández, de Miño, mariñeiro, casado e unha filla.

A do pesqueiro Albatros é unha das moi tráxicas historias acontecidas no mar galego no mes de novembro. Pero outras moitas máis figuran no rexistro persoal da familia mariñeira da comunidade autônoma de Galicia. 

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.