O albergue turístico da Chaínza (Noia) afronta os seus últimos detalles mentres colle impulso o proxecto de centro de día

07 Novembro 2024

A finais de outubro o alcalde de Noia Santiago Freire e a concelleira Laura Salgado comprobaron o avance dos traballos para recuperar o conxunto patrimonial da antiga fábrica de curtidos da Chaínza, na que se leva meses actuando para poñela en valor e, de paso, reivindicar o rico patrimonio industrial do concello e da comarca.

Segundo lembraron, a primeira actuación levada a cabo consistiu na construción dun albergue turístico, que está xa habilitado (no interior e no exterior) para comezar a súa actividade de espazo de acollida de viaxeiros. Nos vindeiros meses comezará a segunda fase coas obras da Factoría para a Mocidade e tamén coas do Centro de Día.

A habilitación do albergue supuxo un investimento de 479.000 euros, dos cales 350.000 euros foron achegados pola Consellería de Medio Ambiente e os 179.000 restantes a través de AGADER e achegas municipais.

O alcalde indicou recentemente que a habilitación deste albergue de peregrinos “é unha forma de complementar a oferta turística de Noia, sobre todo co protagonismo que está a adquirir o Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia, que cada ano que pasa incrementa o número de visitantes e fan necesario contar cunha instalación coma esta”.

O albergue conta con dous andares de 130 metros cadrados cada un e inclúe zona común, baños e duchas, así como oito dormitorios con liteiras (tres na planta baixa e cinco na alta).

Polo que respecta ao centro día, instalarase no edificio principal da Chaínza. Suporá un investimento aproximado de máis de 1,3 millóns de euros, aos que hai que engadir uns 180.000 euros para equipamento. Prevese que dea servizo a 60 usuarios, así como a outros 15 pacientes con alzhéimer. Ocupará unha superficie de máis de 800 metros cadrados, distribuídos en dous andares e incluiría todos os servizos precisos: comedor, sala polivalente para actividades, consulta médica, sala de rehabilitación, así como despachos para psicólogo e asistente social. Tamén contará cun estacionamento para dar servizo a albergue e centro día, así como amplas áreas para que os maiores poidan desfrutar ao aire libre. Trátase dunha zona que conecta coa senda litoral, o que permitiría ás persoas usuarias facer un percorrido de case sete quilómetros pola fachada marítima.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.